Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 16/11/22 16/11/2022 44:46

Os colexios profesionais de médicos e enfermeiros súmanse ás críticas polos PACs sen médico.

Dende o de enfermaría denuncian que unha medida deste calibre hai que consensuala co sector, e falan de improvisación. E o presidente do Colexio de Médicos insiste en que a solución á falta de médicos pasa por mellora-la estabilidade e as retribucións.
Non concorda o conselleiro, que insiste en aumenta-la formación de médicos. E asegura que os cursos ó persoal de enfermería xurdiron dunha petición deste persoal

- O sergas vai realizar un ensaio coa vacinación de nenos contra a gripe en Santiago.

Hoxe mesmo o SERGAS vai enviar a 3.300 nenos unha mensaxe nas que os convida a acudir a esta cita que terá lugar o sábado á tarde e o domingo á mañá.

- No xuízo polo accidente do tren Alvia, unha das testemuñas declarou que non chegou a abordarse o escrito do xefe de maquinistas de Ourense.

José Ramón Iglesias Mazaira propoñía colocar sinais específicas na entrada de Santiago por mor da redución brusca de velocidade.

- O BNG considera indecente que a peaxe da Autopista do Atlántico poida subir un 9 por cento en xaneiro.

En Colectivo, que ten presentada unha demanda pola ampliación da concesión, lembra que a AP-9 está máis que amortizada.

- O conselleiro de Sanidade asegura que non hai risco para a saúde das persoas no fume que sae da combustión do cereal almacenado na antiga nave de Pontesa.

Veciños das zonas limítrofes quéixanse de problemas respiratorios e amosan a súa preocupación pola posible presenza de amianto no aire.


Deportes. pola tarde vanse manter as chuvias, máis intensas e persistentes na fachada atlántica.

Galicia Informativos
Más opciones