Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 17/01/23 17/01/2023 44:19

Nova operación contra o narcotráfico na comarca do Salnés. Desde primeira hora realizanse rexistros en Vilagarcía e Vilanova de Arousa. Hai varios detidos, aínda que polo momento non hai confirmación oficial do número.

No xuízo do Alvia o enxeñiro César Mariñas amosouse sorprendido de que Adif non se percatara do perigo da curva da Grandeira. O terceiro e último perito xudicial en declarar sostén que o accidente podería terse evitado cunha segunda barreira de protección.

O Sergas pretende contratar médicos residentes en formación pra cubrir prazas de persoal fixo. É a denuncia da Asociación Galega de Medicina Familiar. Sinala que non é a primeira vez que se tentan levar a cabo este tipo de contratacións.

Decepción entre os afectados polo derrubamento do paseo das Avenidas en Vigo durante o festival do Marisquiño no ano 2018. Un xulgado acaba de arquivar a causa penal por ese accidente no que resultaron feridas máis de 350 persoas.

Galicia Informativos
Más opciones