Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 17/02/22 17/02/2022 25:06

Os tripulantes do VIlla de Pitanxo que puideron ser sacados do mar comezan xa a estas horas a viaxe de regreso. Tres vivos, e nove de corpo presente, que mañá chegarán se o mar o permite a San Xoan de Terranova. A viaxe será longa, non só pola distancia senón tamén polos trámites necesarios, que xa están en marcha. Atrás quedan 12 desaparecidos, ós que Canadá decidiu deixar de buscar porque as condicións do mar non permitían mante-la esperanza. Unha decisión difícil que non atopa moita comprensión entre autoridades e familias. Algunas recibirán a primeira hora da tardea visita do ministro de Pesca, Luis Planas ó que lle pedirán que investuigue as causas do naufraxio

- Seguen mellorando os indicadores da pandemia, pero de forma lenta e no último reconto aínda se diagnostiaron outros 2.500 positivos.

Hoxe hai algo máis de 33 mil persoas coa enfermidade activa e Sanidade comunicou o falecemento doutras 5 persoas.

- Patronal e sindicatos da conserva retoman as negociacións do convenio.

Uns 20 mil traballadores galegos, a maioría mulleres, están pendientes dunhas conversas que se paralizaron trala última xornada de folga.

- Comezaron as obras para abastecer á fábrica de Alcoa con gas natural.

É unha das medidas acordadas entre comité e dirección para preparar a factoría para reanudar a producción de aluminio primario no prazo previsto.


- "Rios con vida" e colectivos ecoloxistas pide a recuperación de 58 hidroeléctricas coa concesión caducada.

As construcións abandonadas destas minicentrales interrompen o ritmo natural da auga e supoñen un obstáculo para os peixes

Galicia Informativos
Más opciones