Ángel Rodríguez da Costa, o suposto autor do asasinato da súa exparella
Beatriz Lijó, o pasado 6 de febreiro en Baiona, segue sen da-la súa versión dos feitos. Hoxe regresaba ós xulgados pero só pra coñece-las imputacións que caen sobre él....
Mentres, outras víctimas denuncian que hai agresores que utilizan as medidas que se adoptan pra protexelas pra seguir acosándoas. En Sanxenxo, unha moza de 20 anos viu como o home que denunciara inutilizaba ata 20 veces a pulseira telemática.... A xuiza tivo que ordea-la entrada en prisión pra poñerlle fin ó acoso
- Concentración dos traballadores de Navantia para esixir avances na negociación do plan industrial e do novo convenio colectivo.
Os sindicatos fixeron cadrar as protestas coa reunión na que a dirección lles presenta o plan estratéxico.
- continúa adiante a folga indefinida dos letrados das administración de xustiza.
Despois de case un mes de paros, en Galicia son xa máis de 6.000 as vistas suspendidas.
- En Ferrol presentouse este mediodía unha querela criminal contra os responsables de morte de Moncho Reboiras.
Iniciativa xudicial por un crimen de lesa humanidade, ocorrido hai case medio século, ó amparo da Lei de Memoria Histórica.
- A Agrupación Cultural Auriense acusa a Jácome de secuestrar o meco que colocaran coa súa cara.
Estaba colgado nunha árbore da praza dos Suaves antes de que operarios do concello limparan a zona