Volven reducirse os casos activos de coronavirus en Galicia, e tamén as hospitalizacións, que se sitúan xa a niveis do mes de outubro. A área da Coruña despégase da tendencia xeral, e mantén a súa incidencia a 14 días en 160, o dobre da galega.
O comité clínico rebaixou a tres os concellos coas máximas restricións, sete estarán en nivel alto, a partir da madrugada do venres. Hoxe volveu reunirse, pra analizar en detalle as posibles medidas de relaxación de cara á ponte de San Xosé.
Faleceu o historiador Xosé Ramón Barreiro Fernández, presidente da Real Academia galega entre 2001 e 2009 ós 84 anos. O actual presdente fala de enorme tristeza por perder unha referencia para entender dunha maneira moderna a nosa historia. Dende o Consello da Cultura, Rosario Alvarez, dunha gran perda non só para o mundo da historia, senon tamén para a cultura galega.
O presidente da Xunta recoñece que en Galicia hai 15 mil empregos da industria en perigo. Alberto Núñez Feijóo participou na apertura do Congreso de UGT-Galicia. José Antonio Gómez, que vai ser reelexido secretario xeral, dixo que se están poñendo os ingredentes para un cóctel explosivo.
O comité de empresa de ENCE pediralle esta tarde a ministra de Transición Ecolóxica que abra unha mesa de diálogo para garantir o futuro dos postos de traballo.
En Santiago, todo apunta a que se aprobarán os presupostos vencellados a unha cuestión de confianza
No tempo, seguimos coa influencia das altas presións.