Tamén paros parciais dos funcionarios de Xustiza. Reclaman unha suba salarial e unha redefinición das súas funcións. Esta mañá fixeron concentracións diante dos edificios xudiciais.
Detidas sete persoas, cinco en Ourense e dúas en Madrid, acusadas de trata e explotación sexual de mulleres. Captábanas baixo engano en Colombia e Venezuela. A actuación policial logrou a liberación de cinco mulleres.
Nova xornada de atrasos nos trens do Eixo Atlántico. O primeiro tren Vigo- Coruña saíu 50 minutos tarde por unha avaría. Os viaxeiros denuncian que levan meses sufrindo incendencias deste tipo.
A CIG pide a retirada do anteproxecto de lei de Aprendizaxe ao Longo da Vida Adulta. Denuncia que supón da desaparición das clases presenciais o que suporá un rebaixa-la calidade deste ensino e a perda de postos de traballo.
Temos tempo de verán... hoxe en comarcas de Ourense xa se poden rebasar os 30 graos.