Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 17/05/22 17/05/2022 44:59

Galicia celebra o día grande da lingua. As Letras Galegas 2022 miran cara unha persoa, Florencio Delgado Gurriarán e, con el, honran á diáspora mexicana. Nos actos da Xunta e da Real Academia, reivindicacións para o activismo cultural e a defensa do idioma. O novo presidente do goberno autonómico destacou que persoas coma Gurriarán foron as que fixeron que o galego non quedase no esquecemento.

Alfonso Rueda puxo en valor o papel da emigración como parte fundamental da nosa identidade. Pese ás críticas da oposición, promete traballar a prol dunha lingua que, esixe, debe estar libre de consideracións ideolóxicas.

Galicia Informativos
Más opciones