-Volven as protestas das preferentes xusto no día en que remata a vía da arbitraxe para os afectados de Nova Galicia Banco. En Pontevedra, suspendeuse o pleno municipal, en Vigo, os afectados ocuparon a oficina principal da entidade, e en Moaña, impediron reabrir a sucursal que permanecía pechada desde comenzos de ano.
-O delegado do goberno Samuel Juárez di estar disposto a pedir ó FROB a ampliación do prazo para que os preferentistas poidan acollerse á arbitraxe.
-Os grupos da oposición acusan ó PP de querer dificultar o traballo da comisión que estuda a fusión das caixas.
-Operación Pokemon: declara ante a xuiza Pilar de Lara o concelleiro de Deportes de Santiago, Adrián Varela. Está imputado por tráfico de influencias, suborno e falsidade documental.
-A Xunta asume a tutela da bebé atopada nunha caixa na Estrada. A nena está en bó estado.
-Comenza na audiencia de Pontevedra o xuizo pola morte dun garda civil, cando tres integrantes dunha banda querían asaltar un banco.