Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 17/06/21 17/06/2021 49:50

Entrevistamos a César Portela, que acaba de ser nomeado membro da Academia Galega das Ciencias.

Suben os casos activos en Galicia, por vez primeira en case un mes, aínda que de forma moi lixeira, son só 9 máis. Toda a comunidade segue en risco baixo e en caída, agás a área da Coruña, que sobe nas tendencias a sete días. Hai que dar conta dun novo falecemento por Covid, o primeiro en 5 días.

As familias de discapacitados agrupadas en FADEMGA insisten en reclamar que reciban a vacina canto antes. Está limitando a súa atención.

O ministro de Transportes confirma que os descontos na AP-9 se comezarán a aplicar o mes que vén, e tamén ó transporte pesado, sen límite de viaxes.

Os traballadores das Pontes trasladaron hoxe as súas protestas a Santiago. A finais de mes as empresas auxiliares van prescindir dun cento de empregados.

O pedrazo estragou a producción unhas 70 hectáreas de viñedos ó carón do Miño, en Chantada.

Galicia Informativos
Más opciones