A caída dun segundo tramo do viaducto do Castro, na entrada a GAlicia pola A6, fai medra-la sensación de que non será posible salvalo, e as preguntas sobre cómo foi construido, se houbo erros ou vicios ocultos. Esta tarde, 10 días despois de que se cortara a principal conexión de Galicia coa meseta, a ministra de Transportes acudirá ata ese punto, onde coñecerá de primeira man as impresións dos técnicos. Non hai que lamentar danos persoais, pero os económicos medran cada día que o tráfico da autovía está desviado pola estrada nacional
- Continúan activos dous incendios no concello ourensán de Larouco...
Entre os dous levan queimadas 220 hectáreas. O que comezou o mércores está estabilizado.
- Unións Agrarias pide que a Consellería de Medio Rural dé de inmediato as axudas prometidas ó sector da carne.
Se non o fai convocará mobilizacións. Considera que a situación dos productores é insostible.
- Conflicto en Rianxo entre os mariscadores a pé e a flote.
Non se poñen de acordo sobre a delimitación das zonas de traballo. Este xoves tivo que intervir a Garda Civil e a Policía Local para evitar un enfrontamento.
- A cuarta dose da vacina da covid será, de momento, só pros maiores de 80 anos.
Así o reiterou esta mañá na Coruña o conselleiro de Sanidade, para aclarar as palabras da ministra que apuntaban a unha cuarta dose pra poboación xeral