Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 17/08/21 17/08/2021 30:08

Hoxe comezan as vacinacións por cita ordinaria dos menores de 20 anos. A sociedade galega de medicina interna cre que é un paso fundamental na estratexia de vacinación, pero pide que se manteñan as medidas que os protexeron no curso que rematou en xuño.

Os hostaleiros da Coruña ven extemporáneas e excesivas as novas restricións. Recúrrenas ante o tribunal superior. Culpan ós hostaleiros que recurriron contra o certificado Covid.

Os ecoloxistas piden máis controis sobre as concesións hidroeléctricas. Alertan das repercusións no medio ambiente do baleirado de encoros que se está a producir.

A campaña do polbo está sendo un éxito. Nos primeiros corenta días as descargas ofrecen cifras sete veces superiores ás de hai doce meses. E un dos precios medios máis altos da serie histórica

Hai 85 anos era fusilado o intelectual galeguista Alexandre Bóveda. No seu recordo, e o de tódalas víctimas da represión franquista, numerosos actos celebran o día da Galiza Mártir.

Galicia Informativos
Más opciones