Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 17/11/21 17/11/2021 44:47

Polígonos e negocios pechados hoxe na Mariña, que vive un seguemento case total do paro xeral convocado pra demandar solucións á crise industrial. Tamén investimentos que axuden a evitar o deterioro económico da comarca. A mediodía, os veciños da comarca uníronse en Burela nunha manifestación polo futuro da comarca.

Protesta tamén no sector conserveiro. As traballadoras concentráronse ás portas dalgunhas factorías ante o bloqueo da negociación colectiva. Denuncian que lles propoñen unha suba inferior á suba de prezos.

Galicia subiu ó risco medio de incidencia do coronavius. En dez días duplicouse o número de persoas coa infección. No último reconto detectáronse 214 positivos.

A comunidade educativa rexeita a supresión dos exames de recuperación da ESO en pleno curso. A consellaria de Educación reunirá a vindeira semana a xunta de directores para redeseñar o calendario escolar.

Tanxugueiras presentará a súa candidatura para representar a España no festival de Eurovisión. O grupo que forman Olaia, sabela e Aida recolle a luba que lles lanzaron os eurofans que en setembro as elixiron como favoritas para a edición deste ano do festival.

Galicia Informativos
Más opciones