A paralización da actividade marisqueira pola baixada de salinidade das augas xa afecta a case tóda-las rías galegas. As mariscadoras a pe de Arcade no fondo da ría de Vigo dan por perdida prácticamente a campaña de Nadal. Din que a auga do mar está dan doce estes días que pode beberse, e decidiron parar de traballar pola alta mortandade dos moluscos. Auga demasiado doce que os barcos e cetáreas usan habituialmente pra manter viva á centola cando sae do mar... e que está a provocar que se reduza a súa supervivencia. Os productores xa están a tomar medidas pra evitalo
- Investígase un vertido no río Lamas procedente das obras dos viadutos da A-6 en Pedrafita.
O ministerio de Transición Ecolóxica instou á UTE que realiza os traballos a tomar medidas de control.
- Nova protesta dos bombeiros comarcais.
Manifestáronse en Santiago pra reclamar melloras salariais e laborais. Desde hai dous meses non hai conversas coa Xunta e as Deputacións, das que dependen.
- Os empresarios da madeira quitan importancia á operación da Axencia Tributaria contra a fraude fiscal.
En Galicia rexistrou ata 12 locais de empresas con incrementos patrimoniais non xustificados.
- No Festival Cineuropa estrease hoxe a ópera príma do director Bruno Arias "Os espazos en branco".
Indaga na figura da escritora Xela Arias, á que se lle dedicou o día das letras galegas en 2021