Pouco a pouco os ríos volven o seu cauce. Na confederación hidrográfica do Miño-Sil choveu o triple que o ano pasado nas mesmas datas. Os encoros teñen unha cuarta parte máis de auga.
Os concellos socialistas e nacionalistas do distrito sanitario de Pontevedra demandas medidas urxentes á consellaría. Piden melloras na Atención Primaria, nos PAC e nas urxencias hospitalarias.
Dimite o concelleiro de Medio rural de Santiago. Di que o fai para non prexudicar ó goberno que preside Sánchez Bugallo tras ser acusado de favorecer a unha empresa á que estivo cinculado.
Novidades respecto á posible recuperación das esculturas medievais da igrexa Carboeiro, en Silleda. A Xunta diríxese concello de Barcelona e ao Museo que garda as obras de arte na investigación que apunta ao robo como causa da súa desaparición.
O tempo. A cota de neve vai ir subindo e van seguir as treboadas.