Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 18/02/22 18/02/2022 44:30

Xa están en terra, en Canadá, dous dos corpos recuperados no naufraxio do VIlla de PItanxo. A primeira hora da tarde agárdase a chegada do resto dos cadáveres, e dos 3 superviventes, a bordo do pesqueiro galego Playa Menduiña 2. Mentres, en España os familiares insisten en que se retome a busca dos 12 desaparecidos. Séntense abandonados por un goberno que asegura que se intentará se o tempo o permite e que ven de declarar un día de loito, o vindeiro luns, por esta traxedia en Terranova. Preocupación, tamén, pola situación de vulnerabilidade na que quedan algúns dos familiares dos desaparecidos e falecidos, especialmente os que se atopan fora de España.

- O Clúster do Mexillón pide á consellería que convoque unha reunión urxente co tódo-los implicados no conflito da mexilla.

Consideran que ata agora non se avanzou nunha solución e que está en perigo a produción do vindeiro ano.

- Comisións Obreiras mantén a convocatoria dunha manifestación mañá en Boiro dos traballadores do sector da conserva.

Este sindicato desmarcouse do preacordo alcanzado, sobre o convenio, pola patronal con UGT e CIG.

- Concentración ante os xulgado de Ourense para reclamar xustiza para Nerea Añel.

O cadáver da moza foi atopado en 2020. A familia pide que continúe a investigación sobre o seu mozo como presunto autor do crime.

- En Santiago, Xunta e universidades acaban de asina-lo plan de financiamento prós vindeiros 5 anos.

As tres universidades disporán en total de 3.200 millóns de euros ata o ano 2026.
É un 20 por cento máis cá contía do anterior período.

Galicia Informativos
Más opciones