Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 18/03/21 18/03/2021 49:44

A ponte de San Xosé chegará mañá cos hospitais en niveis de ocupación do mes de outubro pasado, e os casos activos tan baixos coma en agosto, pero coas UCIs aínda sen recuperarse da terceira vaga.

115 mil galegos xa pasaron a enfermidade. Calcúlase que un de cada 10, tres meses despois de recibir a alta, aínda ten secuelas. O Consello da Xunta vén de acordar a creación de unidades postcovid pra face-lo seu seguemento
 
A hostalaría recibe con alivio as ampliacións de horario, ata as 9 da noite, e dos aforos en parte da comunidade, pero lamentan que non se dera cabida a un turno de ceas.

A aparición dun foco de coronavirus obriga a inmobilizar unha granxa con milleiros de visóns en Santiago. A Xunta insiste en que a situación está controlada e non hai risco pras persoas

Hoxe toma posesión o administrador xudicial do Colexio de enfermería de Pontevedra. A xunta de goberno provisional da entidade persoarase no procedemento aberto contra o presidente, a súa muller e unha filla.

Cruce de acusacións entre o Estado e a Xunta polas obras do Pazo de Meirás. Patrimonio requírelles un informe, obrigatorio nos Bens de Interés Cultural. O delegado do goberno asegura que o teñen dende o 5 de marzo

O BNG reclama maior atención ó acoso escolar. Reclama datos reais e actualizados dun problema que causa moito sufrimento ós que o padecen e propón a creación dunha unidade específica en Educación.

O tempo.... hoxe comeza o descenso de temperaturas, e ate o domingo non se agardan cambios significativos.

Galicia Informativos
Más opciones