Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 18/03/22 18/03/2022 44:46

As forzas de seguridade detiveron a dous transortistas e identificaron a máis participantes en piquetes e cortes de estrada. O delegado do goberno adianta que endurecerán a súa actuación contra uns cortes e movilizacións que non están autorizados, porque non hai convocatoria de folga. Os folguistas defenden que só están a informar da situación. E os transportistas que non secundan os paros cren que o goberno ten na súa man terminar coa crise, con baixadas dos prezos do combustible de forma urxente.... Mentres, os efectos seguen a notarse no sector primario e repercuten na industria e na construción...

- Os reis presidirán pola tarde en Marín o funeral colectivo polos 21 mariñeiros falecidos no naufraxio do Villa de Pitanxo.

Antes, xunto ó ministro de Pesca, reuniranse coas familias que volverán a pedir que se busque o barco para ver se hai tripalantes no seu interior.

- Folga nas residencias de maiores privadas.

Os sindicatos denuncia uns servizos mínimos do cen por cento que impiden ás traballadores exercer o dereito ó paro.

- O exalcalde de Lugo, Xosé López Orozco, pide a xustiza que non actúe só por sospeitas e que sexa máis rápida.

Tras dez anos foi exculpado no caso da ORA. A causa segue só contra catro persoas do máis dun cento que chegaron a estr investigadas.

- En Ourense, a oposicion pide contas á Deputación e a Xunta despois de que a xustiza anulara o contrato de xestión da estación de Manzaneda.

A xuiza considera que na adxudicación se infrinxiron os principios de concurrencia e non discriminación

Galicia Informativos
Más opciones