Feijóo segue sen aclarar cando deixará a presidencia do goberno galego. Hoxe cumpriu 13 anos dende a súa primeira toma de posesión, e volveu insistir no xa sabido: a remuda será en maio, antes na presidencia que no partido. Esta tarde coñeceremos cando se celebra o congreso extraordinario do PP galego que ha de nomear ó seu sucesor. Dende a oposición, o PSOE cre que a sucesión abre a porta a un cambio de goberno, pero o BNG advirte de que non se pode subestimar a ninguén
- Primeiras sancións a industria láctea por incumpri-la lei de cadea alimentaria
Sancionaron con 3 mil euros a Lactalis, Leite Río e Celega. Unha multa simbólica, pero que proba, a xuizo de Agromuralla, que seguen pagando por baixo do custo de producción.
- A semana santa deixa 164 hospitalizados máis por coronavirus.
Ademáis, nestes sete días o Sergas sumou 35 falecidos con Covid19, e aumentan os doentes totais e os novos contaxios
- Os traballadores da limpeza dos hospitais de Pontevedra irán á folga...
Cren que a pandemia demostrou que son traballadoras esenciais e sometidas a riscos, e a empresa concesionaria só lles ofrece a cambio un plus de 120 euros anual.
- A Semana galega de filosofía reflexiona sobre a contra-hexemonía
Dende hoxe, analizarán as posicións alternativas ós discursos dominantes en eidos coma o feminismo, o imperialismo ou a pandemia.