Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 18/04/23 18/04/2023 44:51

A folga dos médicos cumpre unha semana. O sindicato convocante agarda que na reunión de mañá co SERGAS poidan acadar uns acordos mínimos para desconvocar temporalmente a folga.

A conselleira de infraestructuras pidelle ó Goberno que revise os acordos coa concesionaria da AP-9. Ethel Vázquez considera que os acordos acadados nos últimos anos supuxeron un incremento extraordinario e desmesurado das peaxes.

Os bombeiros forestais critican que co risco actual de incendios a Xunta os teña na casa. Na loita contra o lume din que é imprescindible o labor de prevención.

No porto de Vigo continúa o operativo pra sacar da auga o cadaver dunha balea azul. Tratase dun ejemplar xuvenil duns 10 metros de longo que apareceu flotando na ría.


O tempo. Outro día seco e cálido.

Galicia Informativos
Más opciones