O presidente da Xunta da a benvida á retirada da máscara nos exteriores, pero lamenta o xeito de anuncia-lo. Alberto Núñéz Feijóo sinalou que unha decisión sanitaria se transforma nunha decisión política. Cré que o acordo se debería ter adoptado no consello interterritorial de saúde.
O concello de Porto do Son decreta dous días de loito oficial pola morte de dous dos seus veciños no naufraxio do pesqueiro Sempre Güeto.
Xa hai empresaS privadas que mostraron o seu interés por operar a liña de alta velocidade entre Galicia e Madrid cando entre en funcionamento.
Sanidade e Política Social coparon a meirande parte das queixas presentadas ante a Valedora do Pobo en 2020. No ano da pandemia, o número de asuntos tramitados disparouse case un 30 por cento.
Unións Agrarias ve insuficiente a declaración de emerxencia cinexética en varias comarcas de Galicia polo xabarín. Considera que fracasou o modelo actual para controlar as poboacións de xabaríns