Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 18/06/23 18/06/2023 30:02

300 concellos galegos xa teñen hoxe as súas corporacións municipais renovadas. En 13 haberá que agardar por diferentes circunstancias. Pero o centro da actualidade segue a estar en Ourense onde os populares facilitaron cun pacto que Gonzalo Pérez Jácome repita na alcaldía, para logo eles manter a deputación. Pero o candidato popular Manuel Cabezas di que se fixo ás súas costas e asegura que marcha.

A nova alcaldesa de Santiago é a convidada hoxe no tempo da entrevista. Goretti Sanmartín lidera un bipartito con Compostela Aberta, no que o Bloque se reservará as competencias de Urbanismo. Adiantouno en Radio Nacional a nova rexedora. Tamén que volverá pedirlle á Xunta que aprobe unha taxa turística, dentro do Pacto contra o Turismo masivo.
 

Galicia Informativos
Más opciones