Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 18/07/21 18/07/2021 30:10

Segue empeorando a pandemia do coronavirus.
Xa van tres días consecutivos con máis de 1.200 novos contaxios.
Aumenta tamén a presión hospitalaria. En planta e en coidados intensivos.
Hoxe están ingresadas 122 persoas: 22 na UCi
Son, en conxunto, 23 máis en só 24 horas.
Os casos activos, as persoas que padecen a enfermidade, superan xa os 10.300.

Un incendio forestal queima 200 hectáreas de monte en carballeda de Valdeorras. O lume, iniciado na tarde do sábado, está, arestora, estabilizado.

A illa de San Simón e a cidade de Ferrol lembran hoxe, 18 de xullo, ás víctimas do franquismo.

Televisión española en Galicia cumpre 50 anos o 25 de xullo. Mañá arranca unha programación especial en televisión e tamén en Radio Nacional de España.

Galicia Informativos
Más opciones