Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 18/07/22 18/07/2022 25:08

Toda a atención nos incendios que manteñen en alerta a Folgoso do Courel e á Pobra do Brollón en Lugo. Os veciños dunha decena de aldeas foron desaloxados, algúns no concello de Triacastela onde agardan con preocupación poder regresar ás casas e pensan tamén no gando que quedou alí. Activo tamén o lume de Carballeda de Valdeorras, queimou 2.800 hectáreas e parece que se afasta do concello veciño do Barco despois de chegar alí a 15 vivendas.

De seguida a última hora dos lumes forestais que destrozan case 10 mil hectáreas na nosa comunidade e manteñen a 700 persoas relocalizadas por mor da proximidade das lapas ás vivendas. Antes, imos con outras noticias en titulares con Xosé Manuel García.

Galicia Informativos
Más opciones