Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 18/08/21 18/08/2021 30:07

A crise mundial das materias primas provoca dificultades ós constructores galegos. Hai escaseza de materiais tan básicos coma o aceiro ou o cemento, e os prezos fluctúan ata nun 50% en cuestión de semanas.

Denuncian condicións inasumibles nunha empresa de froitos vermellos. Unha decena de colectivos concentráronse en Castro de rei e denunciaron a SUREXPORT por prácticas abusivas contra os traballadores.

O concello de San Cibrao das Viñas enfróntase a unha posible sanción dun millón de euros. Polas verteduras reiteradas procedentes do polígono industrial. Afectan a unha zona protexida do río Barbaña, e conteñen deterxentes e fosfatos.

Comenza na mariña lucense a oitava edición do festival Bal y Gay. Ata o 26 de agosto ofrecerán 9 recitais dalgúns dos artistas máis destacados da música clásica.

Galicia Informativos
Más opciones