O BNG denuncia a discrminación das Pontes por parte do Goberno e acusa ós socialistas de ser cómplices. O ministerio de Transición Ecolóxica anunciou novos concursos de transición xusta en comarcas vinculadas a centrais térmicas, pero non nas Pontes.
A Xunta anuncia un bono deporte para os menores que practiquen deporte a nivel federado. Recibirán 120 euros ó ano pra a adquisición de equipamento e material. Incluirá a medida nos orzamentos de 2024.
Secretarios, interventores e tesoureiros mostran o seu malestar co alcalde de Ourense. Jacome chegou a calificar de neglixente o labor do interventor municipal e á de ralentizar o traballo no concello.
Hoxe volveron á clase os alumnos de cuarto e quinto do colexio de Rábade ós que educación xuntou nunha soa aula. A xunta non atendeu as súas demandas, pero volven porque a Xunta podía aplicarlles o protocolo de absentismo escolar.
O tempo. Pola tarde os chuvascos xa van ser moi ocasinais.