Galicia Informativos
Crónica de Galicia - 18/10/23
18/10/2023
43:45
A Xunta aproba o anteproxecto de orzamentos para 2024....Os últimos antes das eleccións autonómicas.
Antes, o pleno aprobou o teito de gasto...a votación xa nos da unha idea de como será o debate no trámite parlamentario dos orzamentos. O tope de gasto non financeiro aprobouse cos únicos votos do Partido Popular. A oposición considera que a Xunta comezou con este anteproxecto de lei a preparar o terreo para cita electoral.
Por certo, o Consello da Xunta reúniuse hoxe porque mañá o presidente Alfonso Rueda asistirá no Senado á Comisión xeral das comuniades autónomas. Unha reunión que promoveu o Partido Popular para que os líderes territoriais se poidan pronunciar sobre unha posible lei de amnistía.