A evolución dos casos de coronavirus en Galicia colle impulso e sitúa a incidencia a 14 días no triplo que hai quince días: de 20 a case 60 casos por cen mil habitantes. Ó presidente da Xunta preocúpalle esta evolución. E adianta que o certificado covid podería ser esixido pra máis actividades se segue esta evolución.
O aumento de casos chega ás escolas. Hai máis de 300 positivos e 16 aulas pechadas. No colexio Álvarez Limeses de Pontevedra detectáronse 17 infectados e hai 75 cativos confinados.
O BNG quere que a lei de memoria democrática garantice a devolución dos bens incautados polo franquismo en Galicia. o deputado do BNG, Néstor Rego, cita en concreto o Pazo de Meirás e a Casa Cornide.
O comercio encara campaña de Nadal como o punto de inflexión para superar a pandemia. Din que foi o sector económico máis afectado pola pandemia.
A Denominación de Orixe Rías Baixas alcanza cifras históricas de exportación. As vendas fóra creceron un 12 por cento a pesar da situación adversa provocada pola COVID.