Galicia Informativos
Crónica de Galicia - 18/11/22
18/11/2022
44:34
O conselleiro de sanidade asegura que o 97% dos PACs galegos contan cos seus equipos completos, co persoal médico e de enfermeiría. Julio García Comesaña insiste en que ese 3% restante é unha excepción, e que neles hai reforzo de enfermeiría e contacto directo co 061. E a presidenta da asociación galega de enfermeiría familiar resta importancia á polémica. Di que a meirande parte do traballo que se rexistra nun PAC está o alcance das capacidades destes profesionais.