Galicia Informativos
Crónica de Galicia - 18/12/21
18/12/2021
30:06
Desde hoxe ximnasios e residencias de maiores esixen o certificado Covid para acceder as súas instalacións. Tamén se pide en eventos multitudinarios. Son as novas medidas que entraron en vigor e que a Xunta, segundo o seu vicepresidente, agarda señan as derradeiras necesarias para controlar a pandemia.
Unha pandemia que segue aumentando a un ritmo de máis de 1.000 casos cada día, con catro novas mortes, e cunha leve baixada da presión hospitalaria.
Este sábado tamén as traballadoras das conserveiras sairon á rúa en Vilagarcía para reclamar que o próximo convenio recolla unha suba salarial e, sobre todo, unha equiparación nos soldos de homes e mulleres.