Nova operación policial contra o narcotráfico que inclúe rexistros e detencións no Salnés. A Audiencia Nacional dirixe as actuacións, nas que colabora a policía xudiciaria de Portugal.
Baltar nega que incorrese nun delito penal por exceso de velocidade. No Supremo, declarou que cando foi captado pola Garda civil circulaba por debaixo dos 200 quilómetros por hora; non a 215 como sinala o atestado.
O día 30 abre o primeiro dos viaductos que colapsou hai ano e medio en Pedrafita. Á altura de Becerreá, onde houbo un desprendemento dun noiro, a circulación tamén se normalizara a partir da semana que ven.
Manifestación de educadoras infantís na Coruña e Vigo en protesta polo bloqueo na negociación do convenio. Son trece xornadas xa de folga logo dun ano de reunións sen chegar a un acordo coa patronal.