Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 19/03/21 19/03/2021 50:18

A pandemia está a ter un efecto devastador na demografía galega. Eramos un dos territorios máis envellecidos de Europa, e agora están a nacer a metade dos nenos que antes. Os expertos temen que moitas parellas que decidiron apraza-los seus plans de descendencia acaben descartándoos definitivamente.

Galicia volverá vacinar contra a covid con doses  de Astrazéneca. Falta por concretar a data.
Os expertos que asesoran ó goberno de España e a Comisión de Saúde Pública reunense esta ponte festiva para decidir se se exime a algún colectivo desta vacina ante a aparición de trombos.

Detectados dous gromos en dous barcos amarrados un en Burela e o outro no porto exterior da Coruña.  14 son tripulantes dun persqueiro burelés e 18 pertencen a un buque de bandeira liberiana que tivo que arribar ó porto coruñés. Tres mariñeiros están ingresados, un na UCI.

O ministerio de Transportes non acepta o cesamento dos membros da comisión de investigación de accidentes ferroviarios. Era unha demanda da asociación de víctimas do accidente do Alvia.

Concentración da plataforma de Traballadores Públicos Temporais de Galicia. Denuncian o abuso da contratación temporal nas administracións públicas de españolas, e reclaman a sua estabilización.

No tempo, continuamos baixo a influencia anticiclónica, anque chega unha fronte pouco activa

Galicia Informativos
Más opciones