Sexto día de paro do transporte que continúa afectando a moitos sectores en Galicia... Hoxe os convocantes concéntranse en Vilalba onde están apoiados tamén polo sector gandeiro. Dende Santiago.. o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, pide a intervención do Exército para evitar problemas de desabastecemento.
Neste contexto a Confederación Española de Confrarías chama ao amarre de toda a frota a partir do luns e durante tres días. Só en Galicia hai chamados ao cesamento da súa actividade arredor de 10.000 persoas.
E a Garda Civil detén un home en Barro acusado de homicidio tra-la morte nun accidente de tráfico dunha moza de 29 anos. Sospéitase que o detido a acosaba dende había tempo e a famila da vítima tiña ata presentada unha denuncia hai tempo.