Continúa o ascenso de hospitalizados e casos activos en Galicia. Preocupa especialmente o repunte de contaxios na área sanitaria de Vigo.
O socialista Rafael Rodríguez Villarino renuncia a liderar un posible relevo na alcaldía de Ourense, como pedía o PP, pra facilitar a presentación dunha moción de censura.
O comité de empresa de Alcoa e a Xunta apremian á multinacional e á Sepi pra pecha-la operación de venda. Asumen xa que o 30 de abril non estará pechado o acordo
A ministra, Teresa Ribera, convocou pra este mércores á mesa de traballo que abordará a situación da pasteira de ENCE e o seu futuro.
Na Coruña, a policía arrestou un home nun presunto caso de violencia de xénero. Feriu a tres persoas antes de pecharse nun piso onde ameazou con suicidarse. Finalmente a policía conseguiu que se entregase.
O tempo.... quedamos na influneica dun pequeno centro de baixas presións.