Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 19/04/23 19/04/2023 44:33

Un axente da Policía Nacional destinado na Coruña faleceu esta madrugada nun enfrontamento a tiros con axentes da Garda Civil e a Policía nacional nunha localidade de Burgos. Foi despois de roubar un arma a un compañeiro na comisaría de Lonzas, e de disparar ós axentes que trataron de detelo ata en dúias ocasións. O axente, un home de 46 anos estaba retirado do servizo, investigado por asuntos internos e atopábase de baixa

- Un novo estudo científico avala o peche de case un cento de polígonos para a pesca de fondo e propón amplia-los.

Os armadores consideran que a medida terá un gran impacto nos caladoiros do norte de España.

- A conserveira Albo inaugurou oficialmente as novas instalacións na plataforma loxística de Salvaterra-As Neves.

Susbtitúen á vella fábrica de Vigo e van permitir que a firma pase de producir 60 millóns de latas ó ano ós 100 millóns de unidades.

- Os traballadores do grupo Gano-magoga agardan que se poida evitar o despedimento de 200 traballadores.

Ata 8 empresas mostraron o seu interese por adquiri-lo grupo metalúrxico de Ponteareas.

- Reunión no ministerio de Agricultura sobre a seca: os encoros galegos están ó 80 por cento da súa capacidade.

Pero, a organización ecoloxista Arco Iris alerta de que hai índices de seca preocupantes tamén en Galicia

Galicia Informativos
Más opciones