Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 19/05/23 19/05/2023 08:02:30

A xuiza de Tui que investiga a morte de Déborah Fernández de chamar a declarar ó forense Aitor Curiel. Foi o que elaborou o informe pericial no que sinala que a morte da moza foi provocada.

Estabilizado o incendio que se declarou onte á tarde con tres focos distintos. O lume queimou unhas 100 hectáreas e aínda que se achegou a algunhas casas non houbo que facer ningún desaloxo.

As catro da tarde, comeza a veda do polvo. Estará en vigor ata o día 3 de xullo. Na campaña que remata subiron as capturas pero baixaron algo os prezos.

Avogados de oficio das catro provincias galegas concentráronse este mediodía fronte ó Parlamento. Cifran en menos do 10 por cento a retribución que reciben en comparación ós compañeiros que exercen de forma privada.

O tempo continúa seco e hoxe con algunhas nubes máis ó norte onde as temperaturas son lgo máis baixas por influencia do vento.

Galicia Informativos
Más opciones