Mañá quedará aberto o desvío provisional para reduci-los tempos no paso por Pedrafita do tráfico afectado polo corte da A-6.
O tramo alternativo reduce o percorrido de once kilómetros e medio a catro e recortará o tempo entre 5 o 6 minutos.
O Complexo Hospitalario de Santiago adiou a operación dunha paciente de cancro de páncreas por falta de sangue.
A intervención foi suspendida cando a doente estaba xa sedada. Sindicatos e usuarios atribúen o sucedido á mala planificación.
Os médicos coordinadores de urxencia dos 12 hospitais galegos demanda solucións á sobrecarga asistencial.
Entre outras cousas, demanda que os Puntos de atención continuada estean plenamente opertivos. Sinalan que hai recursos suficientes para facelo.
CC.OO e UGT dan por asegurada a reapertura da Central térmica das Pontes.
Esta mañá os sindicatos reuníronse en Madrid co Ministerio de Transición Ecolóxica para coñecer o futuro da Central, penden dun informe de Red eléctrica para o regreso á actividade.
O tempo foi mudando, con temperturas en descenso e algunhs chuvias, pouco significativas.