Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 19/08/21 19/08/2021 30:07

A saturación da atención primaria repercute nas urxencias hospitalarias. Logo de 18 meses de pandemia, no hospital da Coruña xa atenden tantos pacientes diarios coma no principio da pandemia. Hoxe, nova protesta nun centro de saúde de Viveiro por falta de persoal.

O sector hostaleiro pide indemnizacións ós locais máis afectados polas restricións. Non entenden que se siga a distinguir entre a terraza dun bar e un pub.

Máis de 75 mil peregrinos selaron a compostela no que vai de ano. Cifras que demostran a recuperación económica e emocional do Xacobeo, segundo a directora de Turismo.

Vigo deseña o seu novo modelo de cidade nun novo plan xeral de ordenación urbana. Reserva medio millón de hectáreas a 50 mil novas residencias. A oposición lamenta a falta de diálogo.

Novo pulo á creación da área metropolitana da Coruña. PSOE e en Marea acordan retomar o proxecto, que agardan levar ó parlamento galego en outubro. Temen que o PP o bloquee.

Galicia Informativos
Más opciones