Galicia Informativos
Crónica de Galicia - 19/09/21
19/09/2021
30:05
Protestas, este mediodía, en 20 localidades galegas en contra do prezo da luz e a impunidade coa que actúan as empresas hidroeléctricas. As concentracións foron organizadas polo sindicato CIG.
Prisión provisional comunicada e sen fianza por homicidio doloso, coas agravantes de alevosía e ensañamento.
É a decisión adoptada pola xuiza de garda da Coruña sobre o presunto asasino de Mónica Marcos. A xuiza considera o caso un asasinato.
Segue a boa evolución dos datos epidemiolóxicos da pandemia do coronavirus. Contunúan baixando os contaxios e as hospotalizacións.
Continúa este domingo a vacinación contra o coronavuirus sen cita previa.
Deportes: O Breogán vence e convence no primeiro partido da Liga ACB. O Lugo perde no campo do Cartaxena.