Alfonso Rueda avanza que nas próximas semanas a Xunta presentará oS orzamentos para o ano 23. Vanse actualizar as axudas sociais, como a RISGA, co IPC para que os perceptores non sofran perda de poder adquisitivo.
O PSdeG inicia os trámites para pedir unha comisión que investigue o destino que a Xunta lle deu os cartos da COVID. Os socialistas, que se apoian en datos do Consello de Contas, aseguran que se descoñece o destino de 159 millóns.
Esta tarde reunión clave para o futuro de Hiperxel. Os traballadores, que levan desde abril sen cobrar a nómina con regularidade, agarda noticias sobre un posible comprador.
A garda civil mantén aberta a operacion que permitiu desartellar un grupo que se dedicaba o roubo e venda ilegal de arte sacra. Recuperáronse 170 pezas correspondentes a unha vintena de roubos. Dúas persoas ingresaron en prisión.
O tempo, estabilidade atomosférica, sÓ na motaña ourensá pode producirse algún chuvasco tormentoso, e temperaturas de verán.