Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 19/10/21 19/10/2021 44:37

En pouco máis dunha semana, as Forzas de Seguridade incautáronse de máis de doce toneladas de cocaína que se ían desembarcar supostamente en Galicia. A última operación coñeceuse onte mesmo. Nela, en colaboración coa policía portuguesa, foi interceptado un veleiro con máis de cinco mil quilos. Foron detidos os seus tres tripulantes, dous deles arousáns, un dos cales estaba xa en busca e captura.

A Fundación Galega contra o Narcotráfico alerta da intensa actividade das organizacións galegas, pide máis medios e constata que Galicia segue a ser unha das principais portas de entrada de cocaína en Europa...

Críticas da oposición ós orzamentos que a Xunta. Bloque e PSdeG consideranos raquíticos, din non son os que precisa agora Galicia e critican sobfre todo as medidas fiscais.

A Alu Ibérica quédanlle tres meses de vida segundo os traballadores. Unha representación do comité reuniuse hoxe coa portavoz nacional do BNG. Ana Pontón sinala que as administracións, que avalaron a venda, son as que teñen agora que buscar unha solución.

Na Coruña, Covid Bens deixará de funcionar a partir de novembro, por falta de financiamento.

Remata prácticamente sen capturas a primeira xornada de libre marisqueo na ría de arousa. Uns cativos resultados que reaviva a polémica pola xestión dos bancos marisqueiros.
 

Galicia Informativos
Más opciones