A sanidade volveu centra-la sesión de control ó goberno na que o presidente da Xunta reivindicou os avances e investimentos na atención primaria, con 137 millóns de euros máis, ou a saúde mental, coa contratación de 61 especialistas. Socialistas e nacionalistas criticaron a falta de aposta real do goberno galego nestes eidos, nos que os problemas seguen xurdindo. En Monforte, por exemplo, un centro de saúde que atende a 18 mil habitantes ten só dous médicos de dez na quenda de mañá
- Novas complicacións para a fabrica de Stellantis en Vigo.
Agora o bloqueo en moitos portos europeos impide a saída de coches que se amorean no porto e no Porriño. A capacidade de almacenamento está case ó límite.
- "Sen luz non hai pan"
Moitos panadeiros galegos súmanse a mobilización convocada pola patronl do sector para o día 28. Unha acción para amosar as dificultades que teñen ante a escalada dos prezos.
- A fotógrafa Inma Purriños retratou unha doente de cancro de mama durante as diferentes fases da enfermidade.
Unha colección que mostra a pegada que deixa no corpo das mulleres. Pode verse co gallo do Día mundial da loita contra o cancro no hospital de Lugo.
- Agora é a gripe aviar a que pon en cuestión a vibilidade das granxas de visóns.
Detectouse un gromo nunha nave de Carral. As asociacións animalistas reclaman o peche destes centros