Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 19/11/21 19/11/2021 44:54

O tribunal superior de Xustiza de Galicia autoriza á Xunta a esixi-lo certificado Covid pra acceder a hospitais e centros sanitarios como acompañantes. A orde exclúe desta esixencia os servizos de urxencias e as consultas externas. Os non vacinados tamén poderán acceder, se prevuamente realizan unha proba diagnóstica

Os gandeiros obrigan a varios supermercados a retirar da venda o leite de Puleva e Larsa. Inician un boicot ás marcas de Lactalis e Central Lechera Asturiana ás que acusan de non repercutir nos productores a suba nos prezos de venda.

A Xunta vai compensar ás construtoras con obra pública e que se vexan afectadas polo encarecemento dos materiais. A iniciativa pretende evitar que as adxudicatarias desistan dos encargos por non poder afronta-los sobrecustos.

AENA activou o plan de emerxencia no aeroporto de Alvedro por unha ameaza de bomba nun voo procedente de Bilbao. A incidencia foi desactivada en torno ás dez da mañá despois de que a Garda civil comprobara que se trataba dunha falsa ameaza de boma.

Un de cada tres nenos galegos está en risco de pobreza. Son datos da plataforma de organizacións de infancia de Galicia que demandan que a protección dos menores sexa eixo prioritario no uso dos fondos next generations.

Galicia Informativos
Más opciones