A Comisión sectorial do cerco pediralle o goberno que subvencione un paro biolóxico de dous ou tres meses
O sector cré que debe ser o Instituto español de oceanografía o que sinale as datas máis adecuadas para realizar a parada.
O conselleiro de Sanidade solicita ó Ministerio a formación de 4 mil médicos adicionais especialistas nos vindeiros catro anos.
Na oposición, os socialistas piden García Comesaña que asuma responsabilidades políticas pola xestión salitaria ou que releve ós culpables do mal funcionamento do sistema.
En Santiago, comezou o xuízo a unha conductora bébeda acusada da morte dunha parella que circulaba noutro coche.
A fiscalía pide para ela 4 anos de prisión; pena que a acusación particular eleva a 12.
Galicia terá un dos maiores estudos cinematográficos virtuais de España pra atraer rodaxes á nosa comunidade.
Será na Cidade das TICS da Coruña, onde esta mañá estivo a líder da oposición, Ana Pontón, que pediu un impulso á ciencia e investigación galegas.