Os transportistas reciben con alivio a apertura dun dos viaductos de Pedrafita o vindeiro día 30. Eliminará un desvío perigoso no inverno. Iso sí, lamentan que non se fixeran as obras dos dous viadutos ó mesmo tempo.
Os colectivos ecoloxistas rexeita ó documento que vén de publicar a Xunta sobre a Minaría. Sinala que favorece ó lobby mineiro mentres desacredita cn mentiras as accións dos ecoloxistas e colectivos cidadáns.
Os sindicatos anuncian tamén folga na limpeza na provincia de Pontevedra. Advirten que as catro provincias poderían verse afectadas; en Lugo, xa suman dous meses de paro.
O lixo xa se amorea nas rúas da Coruña antes do inicio da folga convocada no servizo de recollida a partir do luns. O sindicato convocante do paro sinala que é consecuencia da falta de persoal e xa adianta que non cumprirán os servizos mínimos.
O tempo. xa sen chuvias e coa apertura de grandes claros.