O cansanzo dos sanitarios e usuarios volve hoxe a facerse notar nas rúas. Co máximo de contaxiados simultáneos de toda a pandemia, ainda que nos hospitais a presión é menor que noutras ondas, tamén hai máis baixas, e iso repercute no trabalo diario. Sen persoal non hai sanidade, é a mensaxe que se repetirá esta tarde nas rúas da Coruña da man do persoal do Hospital... e á que se unían esta mañá os pensionistas en Vigo, que denuncian eivas no seguemento dos doentes crónicos e as urxencias doutras patoloxías.
- Os sindicados vinculan unha agresión ós sanitarios nun PAC de Sanxenxo á presión na Atención Primaria.
Consideran que está a provocar situacións de tensión a diario, pero aclaran que, en ningún caso, xustifica unha agresión física.
- A administración de xustiza está a sofrir de xeito moi acusado a sexta onda da pandemia.
Hai xulgados que se viron obrigados suspender unha de cada tres vistas por incomparecencias debido ás baixas médicas.
- "Espazos de preservación familiar", así se chama o plan da Xunta pra previr casos de desprotección da infancia.
Trátase dun proxecto piloto, que se vai desenvolver no Salnés e o Barbanza, para garantir que os menores reciben atención adecuada nos seus fogares.
- A Xunta volverá modifica-las frecuencias e percorridos dos autobuses entre Ferrol e a Coruña.
Os alcaldes dos concellos afectados e a plataforma de usuarios do transporte consideran os cambios insuficientes. Crén que só buscan boicotear a protesta desta tarde.