Primeiro a choiva e a neve, e agora os anegamentos. Máis de dez ríos teñen activo o plan especial por risco de inundación: hai risco alto no Miño ó seu paso pola Peroxa aínda que non hai perigo para as vivendas. Tamén vai por encima do seu caudal o Arnoia en Baños de Molgas e o Támega, que obrigou a cortar unha das estradas que une Monterrei e Verín. Hai algunhas vivendas incomunicadas, aínda que son segundas residencias e non tiñan xente nese momento.
Outros dos ríos en situación de alerta son o Ladra, en Begonte, o Sil, no Barco; o Ouro, en Foz; o Mendo, en Betanzos; ou o Xallas, en Santa Comba, entroutros
- Queixas en Verín pola falta de pediatras case tres anos depois da gran protesta contra o peche do paridoiro do Hospital comarcal.
Hoxe en Verín os veciños entregaron no concello algo máis de 3.400 sinaturas pra demandar a contratación de máis pediatras no centro de saúde.
- A plataforma SOS sanidade pública censura a falta de medidas da Xunta para atallar o deteriro da sanidade pública.
Fai un chamamento á participar nunha manifestación en Santiago o 12 de febreiro e ata entón vai continuar coa recollida de sinaturas levar as súas demandas ó Parlamento.
- A CIG agoira que o 2023 vai ser un ano de conflitividade laboral.
O sindicato chama á mobilización pra sacar adiante unha negociación colectiva que garanta unha actualización salarial.
- Distintas plataformas contrarias aos macroproxectos eólicos concentráronse este mediodía diante de San Caetano.
Estes colectivos falan dun ataque ó territorio e aseguran que acudirán á vía penal para esixir responsabilidades