Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 20/02/22 20/02/2022 30:06

Voa rumbo a Canadá o avión militar que traerá de volta os tres supervivintes do naufraxio do Villa de Pintanxo e os corpos rescatados. Chegará esta tarde ao porto de San Xoán de Terranova.

Mentres, aquí, en Marín, as familias da tripulación maniféstanse para reclamar que o Goberno mobilice medios para seguir a busca dos 12 mariñeiros que continúan desaparecidos. Teñen noticias de que o tempo mellorou e non entenden por que o Goberno central non se implica nestas tarefas.

Estaremos en directo neses dous puntos... contámoslles tamén que unha de cada cinco persoas está en risco de exclusión social. Hoxe, no Día Internacional pola Xustiza Social, falamos co director en Galicia da Rede Europea contra a Pobreza, Xosé Cuns. Será a partir das 2 menos 20

Galicia Informativos
Más opciones