Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 20/02/23 20/02/2023 45:21

A confraría de Noia aínda non ten resposta da Xunta á demanda dun paro biolóxico ante a elevada mortade dos moluscos. Hoxe non puideron retomar a actividade e cren que tamén se verá afectada a campaña marisqueira de setembro.

O PSdeG denuncia que o Partido Popular ten en marcha unha estratexia de demolición do público. Abarca sanidade, educación ou dependecia. O obxectivo é favorecer o negocio privado.

A Fundación Amigos de Galicia ten a intención de persoarse como acusación no caso dos presuntos abusos sexuais a unha menor en Monforte. Foron detidos un octoxenario e a nai da menor. Os dous quedaron en liberdade con cargos.

Seguen as celebracións do entroido. En Laza celébrase o luns borralleiro e en Verin a batalla de fariña. Na Pobra de Brollón o protagonista é o Oso de Salcedo. Unha figura desta zona de montaña que baixa o pobo a cobra-lo seu tributo.


O tempo. máis nubes e pola noite hai risco de chuvias, sobre todo canto máis ó sur. As temperaturas hoxe aínda altas.

Galicia Informativos
Más opciones