Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 20/03/23 20/03/2023 45:12

A partir do verán, o Sergas duplicará as prazas de hospitalización pra mozos con problemas psiquiátricos. O Hospital Álvaro Cunqueiro incorporará 6 novas habitacións de afectados por unha enfermidade mental grave, unhas patoloxías que se incrementaron coa pandemia.

Os traballadores de GKN acordan contención salarial durante cinco anos. Empresa e persoal alcanzaron un acordo que permitirá á auxiliar da automoción acceder a un contrato de 10 anos coa multinacional Volkswagen

O 24% dos rapaces menores de 15 anos son incompetentes en galego. Un estudo da Mesa pola Normalización Lingüística conclúe que hai un importante desequilibrio entre galego e castelán nos centros. E agrávase cos libros dixitais, que en moitas ocasións non existen na nosa lingua

As forzas da orde buscan ó autor ou autores da queima dunha vintena de coches en TUI esta mañancina. Arderon en seis lugares diferentes de maneira simultánea. Rexistráronse danos nalgunhas casas pero non houbo que lamentar feridos.

No tempo... nas vindeiras horas aumentará a nubosidade, e tamén as chuvias...

Galicia Informativos
Más opciones