Galicia Informativos
Crónica de Galicia - 20/04/21
20/04/2021
50:10
A Xunta non é partidaria de aplicar a maiores de 70 anos a separación das dúas doses da vacina. É unha proposta do goberno e varias autonomías que se debate hoxe na Comisión Nacional de Saúde. Tamén se reúne o comité clínico, con Vigo entre os concellos que xeran preocupación.
A Audiencia provincial da Coruña ordena devolver ós Franco o contido do Pazo de Meirás. E ordena ó Estado a indemnizar á familia Franco pola privación do uso e disfrute destes bens desde decembro.
Os afectados polo cobro de peaxes cadrando coas obras en Rande estudan recorrer a sentenza que absolve a Audasa.
A Xunta inclúe as estacións intermodais da Coruña, Ferrol e Lugo entre os proxectos financiables cos fondos europeos.